Monday 29 de April de 2024

Nina Sardina, en Monte Alto, primeiro premio no concurso de escaparates de Samaín


Súmanselle os comercios O Recuncho Floral (Vila de Negreira), Luces de Bohemia (Os Mallos), Frutas Candela (zona Estación de Tren) e La Rueca Patchwork (Ensanche)

En total outórganse 6.500 euros, dividos entre os cinco comercios premiados segundo posto recoñecido

O Concello da Coruña organizou, como cada ano, o Concurso de Escaparatismo Samaín co obxectivo de incentivar e dinamizar o comercio local.

As tendas de barrio inscritas decoraron os seus escaparates con motivos propios da festividade para a súa posterior valoración polo xurado, que ditaminou os comercios gañadores valorando a ambientación na festa tradicional do Samaín, orixinalidade, complexidade da montaxe e estética.

O primeiro posto foi para a tenda de moda e complementos Nina Sardina, no barrio de Monte Alto (Rúa Marconi, 4) que recibirá un total de 2.5000 euros como gañadora do concurso. A ela súmase a tenda de flores O Recuncho Floral, en Vila de Negreira con Entrepeñas, que recibirá un total de 1.500 euros polo seu escaparate. A medalla de bronce recalou nos Mallos, na tenda de regalos e complementos Luces de Bohemia (Ángel Senra, 20) que recibiu un terceiro premio de 1.000 euros. A froitaría Candela (Avenida do Ferrocarril, 13) e a tenda de telas La Rueca Patchwork (Avda. Finisterre, 15) foron as agrazadas co cuarto e quinto posto respectivamente, recibindo 750 euros cada un dos comercios. En total outórganse 6.500 euros, dividos entre os cinco comercios premiados segundo posto recoñecido.

Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey busca premiar a creatividade e dos comercios á así como a súa contribución para impulsar a actividade comercial e potenciar o ambiente festivo durante os días previos á festividade de Samaín.